Dodo Dadá

Manolo Figueiras
HEROES DE REFUGALLO

8 de maio a 11 de xullo

HEROES DE REFUGALLO é o título dunha serie de esculturas realizadas reutilizando todo tipo de materiais, basicamente madeira e metal.

Todas as obras son representacións de guerreiros a cabalo.

Ben sabemos que o tema da guerra é recurrente na arte; neste caso, estes xinetes posúen unha clara intencionalidade satírica, porén, outra interpretación máis ambigua, perto da alegoría, é a do artista como guerreiro patético, como personaxe construído a partir de materiais desbotados e que pretendendo dar unha imaxe heroica, consigue xustamente o efecto contrario.