Dodo Dadá

Jesús Costa
A matriz estranxeira

16 de xaneiro ao 15 de marzo de 2026

Jesús Costa nun mar de antas

A traxedia modélase a golpe de machada.
Un tacto suave, co aceite de caléndula.

Begoña Muñoz Saa

 

… entón as paredes que separan as épocas quedan moi próximas.

A conta, ao estar sempre o tempo ligado a unha membrana e sendo a matriz estranxeira raíña, un resto de memorias óseas, mudas e de ollos grandes.
Será que ao dar a presión arterial nunha respiración de caléndulas sobre o noso tórax, as osamentas se encarnen nun comunal onde a vida poida estar ben; resucitadas a un infinito en obra ao recoller precisamente todas as perspectivas, ao se encaixar en formas, capaces de remontar, ao pé do San Mamede, no invernadoiro das plantas, a memoria das augas.

… entón é que os corpos que arrexunta esta arte son moi próximos.

Claudio Pato

Ir al contenido