Dodo Dadá

Pablo Orza

Pablo Orza

Nado en Zamora (1971), fillo de pais galegos. Dende 1978 reside en Galicia.
Licenciatura en BBAA (Pintura), Universidade de Salamanca, 1989-94.
Cursos de doutorado, Universidade Politécnica de Valencia, 1994-96.
Programa de postgrado, Studio Arts Centre’s International, Florencia (Italia), 1996-97.
Depois de pequenas estancias en Francia e EEUU, instálase no rural galego a carón do Pico Sagro no 2000.

Sobre a obra

A actividade creativa de Pablo Orza abrangue un amplo abano de rexistros artísticos que van dende a plástica (pintura, colaxe, escultura, instalación), a fotografía e o vídeo, ata a música, a danza e a escrita (poesía).
A súa obra agrúpase arredor de varios núcleos temáticos que vanse entrelazando entre si. O social e o individual. O corpo e o territorio. Os ciclos e as transformacións. A mística e a enerxía. O abstracto e o simbólico.
Hai unha forte compoñente vivencial e visionaria, mesmo terapéutica, na orixe do seu impulso creativo.