Dodo Dadá

María Puertas

Portas de María

(1973) Naceu e vive en Ourense. Artista plástica, ilustradora e filóloga.

Na actualidade compaxina a sua tarefa artística co ensino das materias de Artes Plásticas e Lingua Inglesa nun centro educativo da ciudade na que vive.

A súa traxectoria ao longo do anos, dende 1997, abarca diversas áreas das artes no ámbito da pintura, o debuxo, o gravado e a ilustración.

O seu traballo foi destacado en Certames, Concursos e Bienais coma o "I Certame Internacional de Artes Plásticas da Deputación de Ourense" (2003), o 2°premio da "V Bienal do Eixo Atlántico" (2002) ou o "Premio de Ilustración infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez" (2006).

Participou activamente en Ferias de Arte nacionais e internacionais tales como Estampa, Art Madrid ou ArteSantander coa galerista Marisa Marimón, e noutras no ámbito galego como Room Art Fair coa Galería Metro, Culturgal con Dodo Dadá e numerosas mostras individuais ou colectivas en España, Reino Unido e Portugal.

No plano da ilustración tamén destaca o traballo realizado para as escenografías e cartaces das Xornadas da Animación á Lectura do Concello de Ourense en varias edicións, cartaces de festas populares coma Os Maios e decoración de edificios públicos mediante murais e señalética gráfica no Centro de Coñecemento e Innovación La Molinera e na Praza de Abastos de A Ponte, 2016.Ourense.