UN MUNDO POR PENSAR
Habitamos un mundo que moitas persoas non comprendemos. Somos pezas nun engrenaxe perverso de guerra e capitalismo alienante. Acósannos os fascismos. Invádennos as violencias contra o pracer de vivir, de ser.
Pero que pasaría se fósemos quen de pensar un futuro que non sexa escuro?
Podemos trazar xuntos, xuntas, un mapa para unha esperanza? Debuxar un camiño para a empatía? Proxectar unha senda con outras cores?